23 jul 2008

Contos, lendas e mitos

O conto popular distínguese da lenda, que trata de acontecementos considerados verídicos noutro tempo, e que lembra feitos dun pasado máis ou menos recente. Pero tamén se diferencia do mito, que está protagonizado por personaxes pertencentes a unha época antiga moi anterior, e que trata de ofrecer unha explicación do mundo.

As tres clases de relatos son creacións xenuinas, con funcións e finalidades propias: unha función encamiñada á integración nunha determinada cultura; unha función máxica e espiritual; unha función con aspectos lúdicos e imaxinativos; e unha función educativa, que tamén comprende a aprendizaxe dunha lingua concreta.

Tipo de relato MITO LENDA CONTO
Fórmulas de inicio e remate Ningunha Ningunha Normalmente
Opinión-Crenza Feito Feito Ficción
Situación Nalgún tempo e lugar Idem Eterno
Temporalidade Pasado remoto Pasado recente Nalgún tempo
Lugar e espazo Outro mundo Mundo coma o de hoxe Nalgún lugar
Actitude (Disposición) Sagrado Sagrado e secular Secular
Carácter principal Non humano Humano Humano ou non humano

En todo caso, o conto popular é un supervivente, e por iso carece dunha verdadeira localización no espazo xeográfico. É parte do patrimonio dos pobos, pero non de ningún pobo en particular. Por esa razón, non existe unha versión única de cada conto popular, senón moitas e diferentes...

17 jul 2008

¿Qué tienen los cuentos?

Los estudios sobre el aprendizaje de las formas narrativas como una vía de acceso a la experiencia lingüística, incrementaron su importancia durante los últimos años.

Ahora se sabe, por ejemplo, que ya a los dos años de edad el setenta por ciento de los niños usa algún recurso de convención literaria cuando explican una historia: fórmulas de inicio y remate, el imperfecto como forma verbal, las relaciones causa-efecto durante las secuencias narrativas, etc.

Estos estudios también establecen que la adquisición del esquema narrativo se produce en los cuatro o cinco primeros años de vida. Así, a los cinco años los niños en sus historias utilizan personajes convencionales, y un año después ya dominan muchas de las connotaciones que esos personajes tienen en sus culturas.

La Cenicienta (Jacob y Wilhelm Grimm)

Los cuentos populares, los cuentos maravillosos o de encantamiento, contribuyen en gran medida al desarrollo del aprendizaje infantil. Los niños, en un primer momento, reconocen una estructura sencilla y constante (el esquema narrativo) que les permite la clasificación de las situaciones y la tipificación de los personajes, pero también les facilita la comprensión de su lengua y la ampliación de su vocabulario.

Pero el domino del lenguaje se reduce cuando se empobrecen nuestras relaciones con el entorno y con la antigua cultura de nuestros lugares (Gabriel Janer Manila). Por eso, es necesario recuperar los cuentos populares como instrumento de aprendizaje. Porque por medio de esa relación, también lingüística, el niño descubre el universo simbólico de su comunidad y recibe, al mismo tiempo, toda la experiencia acumulada en esos relatos.

8 jul 2008

O contacontos

Érase unha vez hai miles de anos... Os nosos antepasados nómadas, sentados de noite arredor do lume dunha fogueira, alimentábanse coa carne dos animais cazados, comían froitos silvestres ou reparaban as súas armas e ferramentas. Naquel tempo, que foi a infancia da especie humana, comezaron a nacer os primeiros relatos da memoria da vida.

Aquelas primeiras historias foron entrelazándose ata formar un inmenso tapiz de mitos e lendas, pero sobre todo de contos. Para a maioría da xente, o conto transformouse en algo moi semellante a un arquivo de datos, que servía para ordenar a información máis relevante de cada pobo. Por esa razón, os contos xurdiron como unha especie de ADN cultural.

René Magritte: Os misterios do horizonte (1955) Pero xa maduramos e superamos as supersticións do principio da vida na Terra. Mediante a nosa evolución, deixamos atrás os mitos e entramos na era das luces e dos métodos científicos. Todas as nosas preguntas son contestadas pola razón e a ciencia. Por iso, as  novas tecnoloxías permitirán cambiar aquilo que non nos guste. ¡Viva a revolución da información!

Agora imos cara o novo e feliz mundo de Internet e da intelixencia artificial, que nos dirán automaticamente todo o que necesitamos saber. ¿Todo?

Entón, ¿por que se editan hoxe tantos libros coas narracións de sempre? Incluso nas bibliotecas e nos colexios teñen o seu sitio os herdeiros dos contacontos tradicionais, onde a súa fama medra cada día.

¿Que teñen os contos populares?

Related Posts with Thumbnails