22 may 2009

O labirinto da escritura

Hai algúns meses, iniciamos unha serie de entradas co título global de Accesorios máxicos para escribir na escola. Nese momento só había unha formulación teórica, que sería reflectida en Contomundi, tal e como se explicaba no primeiro post. Por sorte, máis tarde naceu o noso blog máis amigo, Escola de Ismaíl, onde se levaron á práctica as ideas que se contaban aquí.

Na escola, a aprendizaxe da escritura é como un labirinto: unha especie de camiño iniciático que se lles reclama aos nenos e ás nenas para que poidan integrarse con plenitude na sociedade. Pero ese camiño, como todo labirinto, non é fácil. Por iso presentamos unhas ideas sinxelas, e ao mesmo tempo eficaces, para compoñer textos narrativos. Pois as posibilidades do conto, neste século XXI, seguen a estar vixentes.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails