25 nov 2012

O conto popular é un supervivente

O conto popular sobrevive desde hai moito tempo. Cruzou os séculos e as xeracións, camiñou todas as terras e atravesou todos os océanos e mares, asimilando nunha perfecta simbiose as aportacións de centos de anónimos contadores de historias.

Neste sentido, a eterna Scherezade das mil e unha noites orientais, a imaxe da avoa mítica contadora de contos, tratou e cativou non só a un monarca que estaba psiquicamente enfermo. Tamén a todos os seus oíntes, máis tarde ós seus lectores, e agora, con outras funcións, atende e deleita aos usuarios da televisión, do cine e de Internet. Porque nos modernos medios está o seu novo público. Por esa razón, o investigador e escritor Antonio R. Almodóvar afirmou con claridade que o conto popular constitúe, sen ningunha dúbida, o modelo máis perfecto inventado pola humanidade para conseguir un texto infinito, un texto que diga e que explique todo, en cada tempo e en calquera circunstancia.

O conto popular é un supervivente, e por iso carece dunha verdadeira localización no espazo xeográfico. Son parte do patrimonio dos pobos, pero non de ningún pobo en particular. Por ese motivo, é difícil de imaxinar que exista unha versión única de cada conto. Hai moitas e diferentes.

Web oficial de A. R. Almodóvar

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails