29 nov 2012

A besta no labirinto

Ariadna, a filla do rei Minos e a raíña Pasifae, era a princesa do labirinto. Cando o heroe Teseo desembarcou na illa de Creta, Ariadna namorouse del. Entón pediulle ao artesán Dédalo, que deseñara o labirinto no que se achaba confinado o Minotauro, que lle axudase a guiar a Teseo polo labirinto. Dédalo entregoulle unha bobina de fío, advertíndolle que a atase á porta do labirinto, que a desenrolase camiño ao centro, e logo a rebobinase para volver sobre os seus pasos.

Teseo entrou e seguiu ao Minotauro ata a súa gorida, no corazón do labirinto. Pelexaron e Teseo asasinou a besta. Logo seguiu o fío, que Ariadna lle entregara, para encontrar a saída…

25 nov 2012

O conto popular é un supervivente

O conto popular sobrevive desde hai moito tempo. Cruzou os séculos e as xeracións, camiñou todas as terras e atravesou todos os océanos e mares, asimilando nunha perfecta simbiose as aportacións de centos de anónimos contadores de historias.

Neste sentido, a eterna Scherezade das mil e unha noites orientais, a imaxe da avoa mítica contadora de contos, tratou e cativou non só a un monarca que estaba psiquicamente enfermo. Tamén a todos os seus oíntes, máis tarde ós seus lectores, e agora, con outras funcións, atende e deleita aos usuarios da televisión, do cine e de Internet. Porque nos modernos medios está o seu novo público. Por esa razón, o investigador e escritor Antonio R. Almodóvar afirmou con claridade que o conto popular constitúe, sen ningunha dúbida, o modelo máis perfecto inventado pola humanidade para conseguir un texto infinito, un texto que diga e que explique todo, en cada tempo e en calquera circunstancia.

O conto popular é un supervivente, e por iso carece dunha verdadeira localización no espazo xeográfico. Son parte do patrimonio dos pobos, pero non de ningún pobo en particular. Por ese motivo, é difícil de imaxinar que exista unha versión única de cada conto. Hai moitas e diferentes.

Web oficial de A. R. Almodóvar

22 nov 2012

Daniel Pennac, Quentin Blake y los libros

Disfruté mucho leyendo El hada carabina de Daniel Pennac, y también con su célebre ensayo Como una novela. Quentin Blake, el conocido ilustrador de literatura infantil, ha puesto imágenes a los famosos derechos del lector que Pennac difundió en su momento. Por mi parte, solo he puesto sus palabras en gallego y castellano usando los servicios de Thinglink. Este sitio sirve para hacer interactiva cualquier imagen.

Los derechos del lector, según Daniel Pennac

19 nov 2012

Entre dous mundos

Este vídeo merece estar na serie que iniciei con Carl Sagan, hai xa tempo. Como di o seu autor, Brad Goldpaint, parece que viaxamos no medio dun soño, medio durmidos, medio espertos, pero en conexión co ceo e a terra…

16 nov 2012

La mariposa de Prezi

Hace algún tiempo conté la historia de Chuang Tzu, que soñó que era una mariposa y no sabía al despertar si era un hombre que había soñado ser una mariposa o una mariposa que soñaba ser un hombre. Ahora, al adaptar una presentación hecha con Prezi, ya no sé si el sueño era realmente de Chuang Tzu. Tal vez también fuese un sueño mío, o incluso del escritor Eric Carle

15 nov 2012

A narrativa dixital e a escola

Din que contar historias é unha actividade parecida á arte. E a literatura é considerada como unha das artes máis perfectas porque utiliza as palabras, que son o medio máis recoñecido para expresar a beleza. A narrativa trata, precisamente, do xeito de contar historias dun xeito efectivo, interesante e, sobre todo, emocionante e fermoso. Non obstante, hoxe en día as historias non só cóntanse con palabras, senón especialmente con imaxes; e non só iso, senón con imaxes e sons. Así orixinouse unha nova categoría nas tecnoloxías da información e a comunicación, unha nova narrativa.

Contar historias é unha forma orixinal de ensino, como defende dende hai tempo Kieran Egan. Este é un método sinxelo pero poderoso para axudar aos alumnos a comprender o mundo complexo e confuso das súas experiencias, e para facilitar o seu desenvolvemento vital e temporal. Aínda que a narrativa non é algo novo, a idea de narración dixital en si mesma é algo novo, que forma parte do mundo actual.

Nos últimos 10 anos, máis ou menos, popularizáronse as cámaras dixitais e o software de edición, as ferramentas dixitais de creación e os medios de comunicación electrónicos. Moitos profesores animáronse a usar métodos relacionados coas novas tecnoloxías, e tamén aplicacións 2.0, para axudar aos alumnos a construír os seus propios coñecementos e ideas. Para, dese modo, saber presentar e compartir a aprendizaxe cunha maior eficacia. Un destes enfoques poderosos que pasou ao mundo educativo é a moderna a produción multimedia para elaborar contidos, é a denominada narrativa dixital ou digital storytelling.

Se o desexas, podes ler este artigo completo en Educa con TIC. Para iso, preme neste enlace.

8 nov 2012

Ismaíl que estás en los sueños

Hace un tiempo mi amigo Ismaíl estuvo en Barcelona, donde fue invitado. Allí conoció a Marta Mata, la gran maestra y pedagoga, y según me contaron después entablaron una agradable conversación. A pesar de que este detalle es un poco confuso, sí es cierto que, además, coincidió con César Coll, Artur Noguerol y Jaume Trilla, entre otros personajes. A él todos le parecieron demasiado grandes, aunque muy buena gente. Y siempre agradeció la amabilidad de sus palabras.

En un libro publicado en aquella ciudad, Ismaíl descubrió una historia que le gustó nada más leerla. Tenía un lejano origen turco, y tal vez por eso le trajo algunos recuerdos. Decía así…

Había un gnomo minúsculo que, cuando retumbaban los truenos en las tormentas, se tumbaba en el suelo y levantaba sus pequeñas piernas hacia el cielo.

-¿Por qué haces eso? –le preguntó una vez un zorro parlante.

-Para proteger a la tierra, que contiene muchísimos seres vivos! –contestó el gnomo-. Si, por cualquier desgracia, el cielo cayese de repente, ¿te das cuenta de lo que ocurriría? Por eso levanto mis piernas, para sostenerlo.

-¿Con tus debiluchas piernecitas quieres sostener el inmenso cielo? –preguntó, mientras sonreía, el zorro parlanchín.

-Aquí cada uno tiene su cielo y sus propios sueños –dijo el gnomo-. Vete, tonto, que tú no lo puedes entender…

5 nov 2012

Lengua escrita y aprendizaje cooperativo

El aprendizaje de la lectura y de la escritura requiere una planificación y un tiempo escolar perfectamente definido, donde se pueda hacer realidad la experimentación y el juego con la lengua escrita. Por ejemplo, para la creación de cuentos e historias en el aula. Porque el conocimiento surge de la interacción entre la experiencia sensorial y el razonamiento, que son dos aspectos indisociables. Por eso, no se deben separar las actividades de lectura y de escritura del trabajo cooperativo. Las ventajas que ofrece son muchas y de tanta eficacia que la escuela no puede desaprovecharlas, como se relata en numerosas investigaciones específicas.

En resumen, la cooperación y la colaboración durante el aprendizaje sirven:
  • para aprender a trabajar con los demás, promoviendo una organización compartida;
  • para aumentar el respeto mutuo entre los niños;
  • para aprender a dialogar y a discutir, sabiendo defender los propios pensamientos;
  • para descubrir ideas en común, ofreciendo oportunidades de trabajo variadas;
  • para aprender a ceder ante propuestas mejores;
  • para introducir la corrección idiomática entre iguales en el momento mismo de las actividades de lectoescritura;
  • para animar a los niños a responsabilizarse de su aprendizaje;
  • para clarificar sentimientos personales y pensamientos por medio de la comprensión;
  • y para incrementar la autoestima y el conocimiento individual y colectivo.
En las circunstancias de una escuela, la interacción entre compañeros con niveles ligeramente distantes, en las habilidades o en el dominio lingüístico, debido a los conflictos cognitivos que aparecen, posibilita el conocimiento de los otros y las diversas perspectivas de una misma actividad. Silvia González y Pep Hernández lo explican muy bien en una experiencia que combina el aprendizaje de la lengua escrita y uso de las TIC’s.

4 nov 2012

Tamén eu teño unha historia

Unha fermosa canción atopada no blog Pense diferente, whynot? Non precisa de máis palabras ou explicacións. Talvez só saber un pouco máis do proxecto onde estaba…

2 nov 2012

Nasrudín y el asno del padre

Un día le robaron a Nasrudín el asno que había sido el compañero de su vida. Mediante los servicios de un pregonero, prometió una buena cantidad de dinero a quien le devolviese el asno. Pero nadie se presentó.

Entonces Nasrudín se decantó por las amenazas. Anunció que el ladrón sería duramente castigado, incluso azotado en la plaza pública.

Y nada. Nadie vino.

Entonces, mandó anunciar por todas partes que, si no se le devolvía su asno, haría lo que hizo su padre, sin precisar nada más.

Al día siguiente apareció el ladrón y le devolvió el asno. Le confesó a Nasrudín que aquella amenaza lo había intimidado e impresionado mucho: “Haré lo que hizo mi padre”. Y le preguntó:

-¿De verdad lo habrías hecho?
-Sin dudarlo.
-¿Y qué hizo tu padre?
-Se compró otro asno...

Cuentos del mulá Nasrudín

1 nov 2012

Secuencias narrativas básicas

Os heroes e as heroínas son personaxes que viven en mundos ordinarios, ás veces moi normais. Pero un día reciben unha invitación inesperada e todo cambia nese mundo. Ao principio, resisten e néganse a aceptar esa invitación recibida, incluso poden rexeitar os seus propios desexos. Mais un amigo ou un aliado anímaos e con eles atravesan unha primeira porta, pola que entrarán directamente nunha aventura soñada. Ou non…

En calquera caso, despois de cruzar esa porta inicial, aparecerán as probas, os inimigos e talvez máis aliados. Nun momento da historia, nun lugar escuro e afastado e perigoso, resolven certo enigma ou proba suprema. Así é como acadarán a súa recompensa. Aínda que, con toda probabilidade, serán perseguidos no seu camiño de volta, no seu regreso á casa e ao seu mundo ordinario.

Atravesarán entón a porta final da aventura, e resultarán transformados por esa mesma experiencia. Con todo, chegarán ao final desa historia, e chegarán coa alegría e a bendición dos seus, seguramente cun tesouro que favorecerá a súa nova vida. De feito, nada será como antes…

As secuencias dunha historia
Related Posts with Thumbnails