20 ene 2013

Aprender a escribir en Primaria

Cando os nenos se internan na escritura, a lóxica interna da lingua escrita sobrepásaos. Pero a aprendizaxe da lectoescritura é, en certo modo, a proba iniciática que se lles reclama para que poidan integrarse plenamente na nosa sociedade. Por iso hai que ser conscientes da lentitude deste proceso, e adaptar o desenvolvemento da aprendizaxe ás súas esixencias psicolóxicas.

Así, Anna Camps, nunha investigación de Scardamalia sobre a escritura, observou que na lingua oral eran capaces de usar ao mesmo tempo de tres a cinco esquemas de contidos, pero que, en cambio, tendían a manexar de un a tres na composición escrita, sobre todo cando se trataba de textos expositivos. Ademais, a mesma autora tamén explica que segundo moitos estudos a produción escrita opera moi preto do límite de sobrecarga cognitiva.

A pesar de que calquera aprendizaxe relacionada coa escritura pode transformarse nun proxecto individual, o certo é que ese proceso necesita, en moitas situacións educativas, dalgunha instrución directa que posibilite o coñecemento dos usos textuais. Con independencia da tipoloxía do texto, e citando outra vez a Anna Camps, podemos distinguir tres operacións ou pasos no proceso de produción escrita, persoal ou cooperativa. Son a preparación, a elaboración e a revisión; e que actúan en todos os niveis de actividade lingüística.

A escritura, como proceso educativo, non ofrece unha imaxe lineal, non é un camiño recto, mais ben lembra a unha espiral. A escritura depende moito do mecanismo da recursividade, é dicir, é un proceso que en moitas ocasións regresa a un paso anterior para avanzar de novo un pouco máis…

Os pasos da escritura

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi interesante! Un saúdo.

Related Posts with Thumbnails