2/7/2012

Primeiro abecedario fantásTICo

b Bookr: Unha ferramenta sinxela, que non require grandes coñecementos. Créanse pequenos libros con imaxes conseguidas en Flickr, ás que se engade un pouco de texto e despois se publican. Non require ningunha clase de rexistro. É moi doado de usar, e mesmo permite reciclar e reutilizar as obras que ten no seu arquivo para facer outras novas. É unha creación do equipo de Pimpampum, de Barcelona, sendo moito máis coñecido fóra que entre nós.

d DoInk: Con esta ferramenta é sinxelo facer un debuxo, xa que ten diversas utilidades que facilitan o seu uso. Pero tamén é útil para realizar animacións simples, combinando tanto gráficos coma textos. Pódense crear animacións totalmente persoais, ou ben empezar a partir de escenarios xa creados. Este material de axuda encóntrase na sección denominada My Stuff. Por iso, é necesario un rexistro previo.

Domo Animate: Trátase dunha aplicación moi versátil, pola súa liberdade de creación, para a realización de historias dixitais. Baséase na animación, no cómic, e pódense incluír personaxes, diálogos, obxectos, música e efectos especiais. Esta ferramenta baséase en Go!Animate, que está en español, polo que tamén é outra opción moi interesante.

e ePub Bud: Unha aplicación on line para crear libros infantís electrónicos de xeito gratuíto. O seu emprego é realmente sinxelo, e unha das súas características especiais é que nos ofrece as instrucións necesarias para conseguir o ISBN dos nosos libros. É un servizo de pagamento, por suposto, aínda que moi barato. Outra utilidade que posúe é a de converter calquera documento ao formato ePub, que é o da maioría dos ebooks ou libros electrónicos.

m Mixbook: É unha aplicación que me recomendou Silvia Tolisano, autora dunha obra de referencia, Digital Storytelling Tools for Educators. Nel encontramos unha guía de uso desta ferramenta (en inglés), que ela basicamente a emprega con fotografías. Esta aplicación ofrece un montón de posibilidades, como equipos, imaxes propias ou persoais, fondos, etc. Por iso a súa apariencia é case profesional e os resultados son moi bos. única obxección importante, ademais do idioma (inglés), é que cando se incrusta un libro nun blog, a reprodución automática está activada. Pero grazas a Manuel López Caparrós este problema pode solucionarse.

p Panraven: Trátase dunha aplicación que ofrece unha serie de servizos onlinesemellantes a Mixbook. Polo tanto, tamén serve para organizar fotos, vídeos, textos e outros contidos en forma de libro, de historia ou de conto, pero con características dixitais. Talvez sexa menos intuitiva e un pouco máis lenta que outras ferramentas deste estilo. Pero ten unha boa cantidade de recursos propios: fondos, fotos e imaxes, e páxinas predeseñadas que aceptan textos, vídeo, son... O texto, ademais, pódese cambiar de tamaño e de cor.

s Showbeyond: Esta ferramenta admite texto e imaxes, que se poden descargar dende o ordenador, unha URL, Picassa ou Flickr. Tamén permite a inclusión de sons e de música de fondo, e ademais pódese gardar o traballo mentres non estea finalizado. Unha vez que remata, decídese libremente se é público ou privado. Se se comparte, cópiase e pégase o correspondente código, como é habitual, do mesmo xeito que con Mixbook e Panraven.

t Tar Heel Reader: Serve para facer libros sinxelos baseados en texto e imaxes, tanto de Flickr como propias. Para escribir, despois de ter as imaxes seleccionadas, só hai que escribir un pequeno texto debaixo de cada unha. É necesario rexistrarse para poder usar esta ferramenta, pero en Educa con TIC xa o fixemos. Como na súa lista de idiomas non aparecía o galego, puxémonos en contacto co administrador do sitio. Grazas á súa axuda, arranxouse esa cuestión.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola! I've been reading your website for some time now and finally got the courage to go ahead and give you a shout out from Atascocita Texas! Just wanted to tell you keep up the good job!
my web page > cheap davidoff cigarettes

Related Posts with Thumbnails